Gravando o novo disco de Migallas Teatro

Paulo Nogueira, Carlos Yus e Segundo Grandío no estudio “Casa de Tolos”
Carlos Yus repasando un tema antes de gravalo

Gravando o novo disco de Migallas Teatro

¡Por fin empezamos a gravación dun disco novo! ¡Non era sen tempo! Grazas ó traballo e ó entusiasmo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, mestres de música e compoñentes do grupo Treixadura, está empezando a facerse realidade este soño. Esta fin de semana estivemos no estudio “Casa de Tolos”, de Gondomar, co privilexio de contar coa sabedoría, a entrega e a amabilidade do enxeñeiro de son Segundo Grandío.

A verdade é que só polos músicos, o disco promete, pois ademais de levar os coidados arranxos de Paulo e Magoia (frautas, gaitas, percusión), participan na gravación músicos da altura de César Longa (piano e acordeón), Pancho Álvarez (cordas), Begoña Riobó (violín) e o mesmo Segundo Grandío (contrabaixo).

En canto ás voces, contamos tamén coas de Lucía Cota e Pilar Gonçalves. ¡A ver se vai desta!


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.