Representación na Feira Franca

Representación na Feira Franca

Migallas Teatro ten realizado diferentes espectáculos de temática histórica con motivo da celebración da festa medieval de Pontevedra denominada “Feira Franca”. O protagonista de todos estes espectáculos é o pobo, representado por uns 40 homes, mulleres, nenos e nenas da comarca, na súa maioría da parroquia de Xeve, que dan vida a personaxes do século XV.

Nestas representacións ó aire libre combínanse as referencias históricas co humor e a festa e teñen como obxectivo potenciar o aspecto teatral da Feira Franca e dar a coñecer feitos históricos que aconteceron nesta vila durante o século XV e que foron de gran transcendencia para o futuro de Galicia.

Presentación da “Feira Franca”

Espectáculo teatral realizado (unha semana antes da súa celebración) nas Ruínas de San Domingos para ilustrar a presentación oficial das actividades. O argumento da peza varía segundo a temática de cada ano.


Pregón de apertura

Espectáculo co que dá comezo a “Feira Franca” e anímase a participar nela.


Representación da “Revolta Irmandiña de 1467”

Espectáculo creado por Migallas Teatro en que interveñen máis de 40 persoas de todas as idades e no que se recrea a Revolta Irmandiña do ano 1467 contra o poder dos señores feudais.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies