Eventos - Un avó especial en Arbo

Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Un avó especial en Arbo

15 Novembro / 11:00 - 12:00

Escena de Un avó especial

  • Espazo: Auditorio de Arbo
  • Organiza: FANPO
  • Programa: V XORNADAS DE TEATRO FANPO
  • EspectáculoUn avó especial

– Para nenos e nenas de centros educativos de Arbo –

Un avó especial é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.

Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.

Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.

Así mesmo, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo.

Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.

Actuacións realizadas por Migallas Teatro desde o ano 1999.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies