Eventos

Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

“Canta connosco!” en Meicende (Arteixo)

23 Maio / 12:30 - 13:30

Canta connosco

  • Espazo: CEIP San Xosé Obreiro
  • Localidade: Meicende
  • Concello: Arteixo
  • Idade: Todos os públicos

Para nenos e nenas do CEIP San Xosé Obreiro

En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico” e “Ai, Patín!”.

Actuacións realizadas por Migallas Teatro desde o ano 1999.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies