Eventos - ‘As historias do avó Manuel’ na Fonsagrada

Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

‘As historias do avó Manuel’ na Fonsagrada

18 Abril / 12:00 - 13:00

Espectáculo As historias do avó Manuel

Para o alumnado do CEIP Santa María da Fonsagrada

A partir do libro “Un avó especial”, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.gal

Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.

Actuacións realizadas por Migallas Teatro desde o ano 1999.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies