Espectáculo “Zaragallada”

Espectáculo “Zaragallada”

“Zaragallada” é un concerto baseado nos temas do disco do mesmo nome. Este é o terceiro disco de Migallas Teatro. Os dous anteriores, Canta connosco!” e “Pan de millo” estaban dedicados ao público infantil mais, nesta ocasión, dirixímonos principalmente á mocidade e ás persoas adultas. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc.

Parte das cancións naceron no espectáculo de humor “O cantante e as mulleres”, de Migallas Teatro. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con retranca e outras son de carácter lírico. A produción artística corre a cargo de Segundo Grandío, do estudio “Casa de tolos”.

Máis información sobre o disco “Zaragallada”

  • Idioma: galego
  • Público preferente: mocidade a adultos
  • Xénero: canción de autor pop, rock e folk e comedia
Compoñentes da Banda Migallas

Músicos/as e cantantes:

  • Carlos Yus: voz e guitarra
  • María Campos: actriz
  • Davide González: acordeón, saxofón, teclados, pandeireta e coros
  • Myriam Cortizo: batería, frauta e gaita
  • Ismael Orge: teclados e trombón de varas
  • Bastian Rodríguez: baixo e batería
  • Bea Campos: percusións e coros
  • Duración: 1 hora e 15 minutos
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 6 m
    • Altura ata o teito: 3,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 8000 W (dependendo do espazo)

Podes atopar o CD nas tendas de discos e librarías ou tamén pedilo a través de Inquedanzas Sonoras info@inquedanzas.com


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies