“Arrolando contos” en Vigo

“Arrolando contos” en Vigo

Beatriz Campos e Davide González participan con Arrolando Contos

Arrolando contos é unha sesión de contos, arrolos, e ditos para os máis pequenos. Un espazo para gozar en familia. Coñecer as tradicións e ao mesmo tempo iniciarse o amor á literatura e á musica dende os primeiros meses. Ademais as e os cativos poderán participar na música cantanto e tocando pequenos instrumentos como campás, axóuxeres, culleres…

As actividades necesitan inscrición previa (até 3 anos):

Enviar correo electrónico a actividades.snl@vigo.org [co nome/s da/s persoa/s acompañante/s e idade/s do(s)/a(s) neno(s)/a(s)] poñer no asunto o indicado en cada actividade.

  • 21 decembro Lavadores, Escola Infantil Municipal, 17:30h. Poñer no asunto arrolando contos santa cristina21. Remata prazo para inscribirse o martes 20 ás 13:00
  • 22 decembro Navia, Escola infantil, 11:00h. Poñer no asunto arrolando contos navia22. Remata prazo para inscribirse o mércores 21 ás 11:00
  • 22 decembro Casco vello Oficina Municipal de Distrito, 18:00h. Poñer no asunto arrolando contos casco vello22. Remata prazo para inscribirse o mércores 21 ás 11:00
  • 27 decembro Bouzas Escola Infantil Municipal, 17:45h. Poñer no asunto arrolando contos bouzas27. Remata prazo para inscribirse o luns 26 ás 11:00
  • 28 decembro Biblioteca Neira Vilas, 18:00h (de 0 a 1 ano) inscrición na biblioteca
  • 29 decembro Tomás Alonso, Escola infantil municipal, 16:30h. Poñer no asunto arrolando contos tomás alonso29. Remata prazo para inscribirse o martes 27 ás 11:00
  • 30 decembro Saiáns, Escola Infantil Municipal Costeira, 10:15h. Poñer no asunto arrolando contos saiáns30. Remata prazo para inscribirse o martes 27 ás 11:00
  • 2 xaneiro Castrelos, Escola infantil, 17:30h. Poñer no asunto arrolando contos mestres goldar2. Remata prazo para inscribirse o mércores 28 ás 11:00
  • 3 xaneiro Teis, Oficina Municipal, 18:00h. Poñer no asunto arrolando contos teis3. Remata prazo para inscribirse o xoves 29 ás 10:00
  • 4 xaneiro A miñoca, Asociación de Veciños, 18:00h. Poñer no asunto arrolando contos miñoca4. Remata prazo para inscribirse o xoves 29 ás 10:00

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.