Moitísimas grazas a todas as persoas que nos felicitastes e que nos dixestes tantas cousas bonitas cando nos entregaron xunto a Luís Davila o Premio Xoán Manuel Pintos.

Todas e todos sodes as Migallas deste pan tan saboroso que é a nosa lingua. Aquí tendes unhas faragullas da entrega de premios para collermos azos e seguir amasando neste pan durante mil primaveras máis, polo menos. GRAZAS!!

Agradecementos especiais a Paz de Kalandraka pola gravación do vídeo.