E se o cantamos?

E se o cantamos?

¿E se o cantamos? é unha peza na liña de “¡Canta connosco!” onde se combinan cancións con escenas breves para tratar temas como os xogos colectivos e tradicionais fronte ós videoxogos e ós xoguetes electrónicos; a importancia das relacións entre avós e netos; a violencia e a publicidade na televisión; xoguetes bélicos e sexistas; a problemática do galego e o castelán (pais e nais que falan en galego entre eles e en castelán cos fillos); a importancia da música e do baile; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “O rock da ducha”, “O eucalipto e o carballo”, “O rap da lingua”, “Os xogos” e “Perico Pérez”.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: Infantil e familiar.
  • Xénero: Comedia e canción infantil.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • Antón: Carlos Yus.
  • Rosiña e Cachirula: María Campos.
  • Música: cancións orixinais de María Campos e Carlos Yus.
  • Escenografía: María Campos
  • Técnica de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
  • Fotografía: Mari Print
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 6 m.
    • Altura ata o teito: 3,5 m.
    • Fondo: 3 m.
    • Potencia eléctrica: 8.000 W.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.