Debullando cancións

Debullando cancións

“Debullando cancións” é un espectáculo baseado no Libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.

Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. As cancións que se interpretan son: “Pan de millo”, “Que cousa, cousiña é?”, “As actividades”, “Os piratas limpos”, “Campás pola paz”, “O piollo e a pulga” e “O moucho”.

A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se abordan, entre outros, son: o proceso do pan de millo, a cooperación fronte á competición; o exceso de actividades extraescolares; a importancia da imaxinación; a paz como algo cotián; o valor da cultura tradicional, etc.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: infantil e familiar
  • Xénero: comedia e canción infantil
Escena de Debullando cancións

Ilustración da canción O piollo e a pulga

  • Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus

Elenco:

  • Panadeiros: María Campos e Carlos Yus

Ilustración da canción pan de millo

  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2,5 h
  • Tempo de desmontaxe: 1 h
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 6 m
    • Altura ata o teito: 3,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 8.000 W
Pan de millo no facebook

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies