De paseo con Goya

De paseo con Goya

O domingo 21 de abril ás 20:00 h terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra a representación da obra “De paseo con goya”, a cargo dos rapaces e rapazas de “Á procura do tesouro”.

Esta función pon remate a un dos 5 “Obradoiros de Expresión Dramática Plástica e Musical” que desenvolveu a Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra por decimocuarto ano consecutivo coa coordinación de “Migallas Teatro” e nos que participaron un total de 170 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

Durante 22 sesións os/as nenos/as descubriron e fomentaron os seus recursos expresivos e desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo dramático.

De paseo con Goya” é unha obra colectiva na que se fai unha invitación a percorrer dunha maneira amena as diferentes etapas da vida e da obra de Francisco de Goya. A partir de datos históricos mestúrase realidade e comedia para achegarnos a un dos grandes artistas universales.

Por outra banda, tamén se aborda o achegamento á arte como gozo e estímulo para a creación e o desenvolvemento das calidades expresivas de cada persoa sen ningún tipo de traba.

Máis información: Á procura do tesouro 2012 – 2013


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies