Contos nas orellas

Contacontos Bea Campos- Migallas Teatro

(Contos con música)

¿Como te chamas?
Comecastañas.
“Eu as como
e ti as apañas”

Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación…

Contos nas orellas é unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e da música.

Idade recomendada: Todos os públicos.

  • Duración: 50 minutos
  • Número de nenos: 50 máis un máximo de dous acompañantes.
  • Necesidades técnicas:
    • Espazo libre de obxectos onde os participantes poidan estar comodamente sentados no chan.
    • Dúas cadeiras sen brazos.
    • Toma de corrente.
    • Unha mesa pequena.