Camiño de historias

Camiño de historias

“Camiño de historias” é un espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares.

Cada relato é tratado dun xeito diferente combinando a narración con técnicas de expresión plástica e dramática. Así pois, nuns prima a palabra, noutros, as imaxes e noutros recupérase a arte dos actores e contadores ambulantes das feiras de antano.

Malia ser tradicionais, os contidos que tratan estas historias son actuais e próximos ós nenos e nenas:

  • os rapaces consentidos polos pais,
  • o afán de posuír xoguetes e lambonadas,
  • o ritmo das estacións e o ciclo da vida,
  • a importancia da música e da festa, etc.

As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • Maximino: Carlos Yus
  • Hermelinda: María Campos
  • Deseño de escenografía: Migallas
  • Confección de escenografía: Migallas, María Paz, Begoña Paz e Elena Martínez
  • Títeres: Migallas
  • Vestiario: María Campos
  • Cancións tradicionais: Adaptadas por María Campos e Carlos Yus.
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 5 m.
    • Altura ata o teito: 3,5 m
    • Fondo: 4 m
    • Potencia eléctrica: 5.000 W

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies