Bookcrossing en Pontevedra

Bookcrossing en Pontevedra

“Bookcrossing” é unha creación colectiva onde se fai un percorrido pola literatura galega, desde as cantigas medievais ata a actualidade. Os textos literarios dan lugar a diferentes escenas enlazadas por medio do “Bookcrossing”. Este é un movemento internacional que consiste en deixar libros en espazos públicos para que outras persoas os atopen, os lean e volvan deixalos noutro lugar. Cada escena é representada con técnicas dramáticas diferentes, desde o teatro popular ata as propostas máis innovadoras, combinadas con humor e crítica social. Con esta obra preténdese fomentar o pracer da lectura e mostrar a importancia que seguen tendo na actualidade, tanto no ámbito persoal como social, obras da literatura galega que foron escritas noutras épocas.

“Bookcrossing”, función a cargo do grupo dos martes da Aula Municipal Infantil de Teatro “Á procura do tesouro“.

Día: Sábado 31 de maio ás 18.30 h.

Lugar: Residencia de Maiores de Campolongo de Pontevedra.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies