As historias do avó Manuel

As historias do avó Manuel

A partir do libro “Un avó especial”, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.gal

Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: Infantil e familiar
  •  Xénero: Narración de contos e canción infantil

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • María e Rosiña: María Campos
  • Carlos e avó Manuel: Carlos Yus
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 1 hora.
  • Tempo de desmontaxe: Media hora
  • Potencia eléctrica: 4.000 W
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 4 m.
    • Altura ata o teito: 2,5 m
    • Fondo: 3 m

Observacións: Límite de espectadores: 60. Proximidade do público para poder ver as ilustracións.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies