Actividade Concello Pontevedra Á Procura do Tesouro

Actividade Concello Pontevedra Á Procura do Tesouro

O xoves 25 de abril os/as 120 nenos/as participantes en dous dos 4 talleres de expresión dramática, plástica e musical que desenvolveu a Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra por decimocuarto ano consecutivo coa coordinación de Migallas Teatro irán “Á procura do tesouro” pola Praza da Pedreira de Pontevedra (entre as 19:00 h e as 20:00 h)

Esta actividade pon remate a dous dos 4 obradoiros de expresión dramática plástica e musical que se desenvolveron durante este ano no Pazo da Cultura ó longo de 22 sesións e nos que participaron un total de 170 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

Durante estas 22 sesións os/as nenos/as descubriron e fomentaron os seus recursos expresivos e desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo. Así pois, coñeceron, gozaron e reinterpretaron a arte do mestre da pintura Francisco de Goya.

Da man deste artista achegáronse á arte como gozo e estímulo para a creación e o desenvolvemento das calidades expresivas de cada persoa sen ningún tipo de traba.

Na “expedición” deste xoves “os/as piratas limpos/as” deberán superar diversas probas que lles porá o Pirata Escarapote para poderen atopar o seu tesouro. Entre proba e proba gozarán participando de diversos xogos populares e tradicionais desde as 19:00 h ata as 20:00 h na Praza da Pedreira de Pontevedra.

¿Serán capaces estes 120 piratas de superar todas as probas e descubrir o tesouro de Escarapote?


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.